Deligras
Segundo o Dicionario Estraviz:
Cóxegas.
O día 3 de marzo apareceu no mundo dos Palabruxos a primeira Palabruxa: Deligras. A súa portadora pronuncia con gheada: Delighras. Vai ser unha ouriza-cacha que espero que de contado acompañe os xogos das súas crianzas.
Cando a Palabruxa Deligras poña pé neste noso mundo subiremos as súas fotos para que a coñezades.
Etiquetas: bosquexos, cerdido, deseños, gheada, nenas, ourizos, palabruxas