Axúdanos a recuperar palabras galegas

Gústache algunha palabra que atopaches no dicionario e que che gustaría que fose máis coñecida?

Coñeces algunha palabra da túa zona que non apareza nos dicionarios?

Envíanolas ao mundo dos Palabruxos deixando un comentario nesta páxina indicando a palabra, o seu significado e a zona de onde procede (se é o caso) e poderá converterse nun novo Palabruxo! Tamén podes enviala por email á meiga dos Palabruxos.

Comments

  • Casdeiro 3 de Abril de 2013 Responder

    A min gustaríame que fixeses un palabruxo chamado “Ghabalulo“, pero o significado non cho teño moi claro. A zona de onde procede é na parte alta do Tambre, entre os concellos de Sobrado e Boimorto. O que sei, téñoo publicado en http://casdeiro.info/textos/index.php/2011/03/29/pescuda-linguistica-a-palabra-ghabalulo-i/

    Parabéns polo labor de recuperación léxica!

  • Edelia 3 de Abril de 2013 Responder

    Parabéns pola iniciativa. Oxalá saian moitos Palabruxos que non nos deixen esquencer quen somos. Hai xente nova que xa non sabe nen o que é o café “mundo” nen un café “morno”…Pero a proposta que queremos facer é un palabruxo de orixe desconhecida para nós, quizais habería que investigalo antes de o aceptar. Eu apenas ouvín a palabra en Ponteceso: “candomario” úsase para referirse a cousas ou persoas excesivas en grandeza, volume, etc Ten o sentido de algo esaxerado, axigantado…(Supón que vas facer unha visita de cortesía e na sala hai unha mesa desproporcionadamente grande…iso é un “candomario”).

    • Casdeiro 4 de Abril de 2013 Responder

      Simpática palabra. A min sóame a que había un tal Mario que tiña un can enorme e quedou no imaxinario popular como sinónimo de xigante… Non sei que opinarás desta hipótese.

      Se non, tamén podería estar relacionado coa palabra céltica “cand-” (branco, brillante), da que procede p.ex. o nome da serra do Candán, entroutros moitos topónimos.

  • Laura 4 de Abril de 2013 Responder

    Parabéns!!!
    Encanta-me a proposta, divulgaremos!!!
    Em Canedo- Póvoa de Brolhom empregam a palavra: como cama. E ai, também, empregam umha que jà case nom se escuita é por pensar.
    Encanta-me e partilho!!!!

  • Outro fan do Estravis 7 de Abril de 2013 Responder

    Olá. Parabéns pola fermosa idea. Ora ben: non me quedou claro no web nin na entrevista no Sermos se fas “palabruxos” por encarga ou só para os amigos. Se os fas a petición de calquera persoa, canto cobras por eles? Estaría ben nolo aclarares. Obrigado!

  • Piricocha 8 de Abril de 2013 Responder

    Ola!

    Paréceme unha fantástica iniciativa esta que levades adiante. Eu propóñovos a palabra “piricocha” tamén empregada para dirixirse ás nenas.

    Súmome á petición anterior para saber se se pode encargar un palabruxo e canto costa.

    Moitas grazas!

    • anavilat 18 de Abril de 2013 Responder

      Que ben! A segunda Palabruxa! A Palabruxa Pericocha!

  • Begoña 12 de Abril de 2013 Responder

    Miña nai usou onte “felderechos”, como dicía a miña nai dixo, para os “felderechos” que lle ía cortar ao bolso que estaba a arranxar. Atopei no Estraviz “feldrecho” como a pel da uva e tamén a través do RILG no dicionario de Eladio Rodríguez e no de Franco Grande co mesmo uso, sen o “e” entre o “d” e o “r” e sen o sentido figurado que lle deu miña nai. No TILG si ten o sentido figurado. Se andas coa costura é unha palabra moi útil.

    Miña nai ten 77 anos, a miña avoa naceu no 1902 en Vigo. O Eladio Rodríguez recolleu “feldrecho” en Cangas.
    http://sli.uvigo.es/TILG/tilg_pescuda.php?pescuda=feldrecho&tipo_busca=lema&categoria=Todas&desde=1600&ate=2050
    e no TILG está nunha obra de Bernardino Graña nado en Cangas.

    • Lía 10 de Febreiro de 2014 Responder

      Bego, eu tamén son de Vigo é a miña nai, que tamén ten 77, tamén a segue a empregar no mesmo sentido. Ata onde chegamos na arbore xenealóxica toda a súa ascendencia é do perdido Concello de Lavadores, agora asimilado a Vigo.

  • Begoña 12 de Abril de 2013 Responder

    Felderechos

    Miña nai usou onte “felderechos“. Dixo ela: como dicía a miña nai (a miña avoa), vou cortarlle estes “felderechos” (ao bolso que estaba a coser). Estaba cosendo a funda do meu bolso e tiña unhas partes desiguais coas que se enganchaban as chaves.
    Atopei no Estraviz “feldrecho” http://www.estraviz.org/feldrecho como a pel da uva e tamén a través do RILG http://sli.uvigo.es/RILG/rilg_pescuda.php?pescuda=feldrecho&tipo_busca=lema&categoria=Todas&corpus=RILG no dicionario de Eladio Rodríguez e no de Franco Grande co mesmo uso, sen o “e” entre o “d” e o “r” e sen o sentido figurado que lle deu miña nai. No TILG si que o atopei co mesmo sentido que lle deu miña nai.
    Miña nai ten 77 anos, a miña avoa naceu no ano 1902 en Vigo e morreu no ano 1980. O Eladio Rodríguez en “feldrecho” pon Cangas. http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=feldrecho&tipo_busca=lema e no TILG está nunha obra de Bernardino Graña nado en Cangas. http://sli.uvigo.es/TILG/tilg_pescuda.php?pescuda=feldrecho&tipo_busca=lema&categoria=Todas&desde=1600&ate=2050
    Se andas coa costura é unha palabra moi útil.

    • anavilat 18 de Abril de 2013 Responder

      Nunca a ouvira! Que bonita!
      Non a esquezas, utiliza, a ver se entre todas logramos conservar o tesouro que nos deixaron os nosos avós, pais…
      Moitas grazas.

  • Tania 22 de Abril de 2013 Responder

    Ola Ana! Noraboa pola iniciativa, agardo que che vaia moi ben 🙂
    Mira, a min sempre me gustou moito a palabra carricanta que ven sendo una cigarra… ahí che queda a suxerencia 🙂
    Bicos!!!

    • anavilat 24 de Abril de 2013 Responder

      Grazas, Alfanhui! Moi fermosa! Tomo nota!
      Espero verte prontiño!
      Bicos!!

  • Paco Outeiro 3 de Xuño de 2013 Responder

    Na zona onde vivo (val do río Vea, na Estrada lindando xa coa Coruña utilízase a palabra “caroleira” en vez de nogueira (e tamén “carolo” en vez de noz). Sempre me chamou a atención porque na miña parroquia hai un lugar que se chama precisamente Nogueira. Non sei como se chegou a lle chamar así nin se se trata dunha palabra con outro significado que aquí rematou por denominar á árbore e o froito. Outro dato que podo aportar é que o nome se utiliza nunha zona pequena (aínda non en todo o val do río Vea). Se alguén me pode aclarar algo ao respeito quedarei agradecido.

  • carolina 10 de Febreiro de 2014 Responder

    Eu teno unhas poucas que fun anotando da zona da baixa limia, do concello de Lobios, do pobo de Ganceiros. Non son moi poéticas pero a min gustanme e case xa non se empregan.
    Acañar, que significa asustar.
    Cadelizo.
    Cachica, que ven sendo Qué noxo!
    Cachipernas, que ven acompañado habitualmente de caír de cachipernas.
    Zarabater, que é caír, ou dar con forza.Esta si que aparece no diccionario pero case non se usa na miña zona.
    Pichiclín, que se lle chama os nenos. O meu avó chamábame así por unha canción: o Pichiclín, que estaba na cama, dáballe o Sol por unha ventana, dáballe o Sol, dáballe o vento, e o Pichiclín estaba contento.
    Achoubar, que é entrepechar algo, pechar a medias.

    • anavilat 24 de Xuño de 2014 Responder

      Grazas, Carolina!
      Tomo nota, que moitas delas nunca as ouvira.
      Desculpa pola tardanza en moderar o teu comentario.

  • Raquel 27 de Outubro de 2015 Responder

    Ana lendo a túa iniciativa dos palabruxos…acordeime da miña avoa que vivía na Limia, en Lamas e me chamaba corona con moita ternura.
    Para o dicionario corona é unha moldura situada na parte inferior de uma cornija…pero para min é volver a súa cama que quentaba cos chimes estes de brasa antes de durmir.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *