Como naceron os Palabruxos

Anavilat: a bruxa dos Palabruxos-Olá, Xoán! Que tal?
-…
-Nós ben! Pregúntalle a Edelia que lle parece se facemos unha tortilla e a comemos na vosa casa.
-…

Así nacen uns días despois os Palabruxos.

Falamos naquela cea da nosa lingua, dos diccionarios de galego, do Estraviz ou Sotelo Blanco dicionario de galego por excelencia, da perda de tantas e tantas palabras que os nosos ancestros conservaron e nós estamos esquecendo. Dos fillos, como pouco a pouco van perdendo o aprecio por algo tan noso e que nos identifica como pobo, o idioma. Edelia e Xoán esináronnos a súa lista de palabras que non aparecen no Estraviz e a lista de palabras que aparecendo e sabendo o significado tentan usalas no seu día a día para ir incorporándoas de novo á lingua. Asegúrovos que se pode conseguir! Na miña familia e poucos veciños e amigos, case nengún usaba a palabra carroucha/o para referirnos de maneira agarimosa a una nena ou neno pequeño, agora no meu entorno oio esa palabra moi acotío.

Pois como vos contaba, días despois. Pensando naquela conversa namentres aleitaba a miña filla, miraba como xogaba o meu fillo os meus carrouchos!!, escoitando falar en galego a miña sogra co meu carroucho grande na cociña. Vendo os bonecos dos pequenos, pensando na perda que suporía a nosa lingua… voltiñas e voltiñas que dá a cabeza. Fiando, fiando os Palabruxos foron nacendo moi pouco a pouco un parto lento pero intenso.

Cal podería ser unha maneira de non ir perdendo as palabras? As nosas fillas e fillos, os rapaces e rapazas van introducindo palabras que lles ensinamos no seu vocabulario e eles aprenden todo como se fose un xogo.

Os Palabruxos non nacen só para aprenderlles aos cativos e cativas vellas palabras esquecidas, senón para nós os maiores para facer memoria e non esquecer aquelas que lles escoitabamos aos nosos maiores.

Os Palabruxos xa cobraron forma, son bonecos. Espero que co tempo non queden só niso. Son bonecos, gardiáns de palabras e conservadores delas. Lévanas gravadas, con eles vai unha notiña co significado da palabra (é que os Palabruxos aínda que son gardiáns de palabras non son xente de moito falar) ademais de levar o nome da persoa que lle lembrou esa palabra e o seu lugar de procedencia.

Esta é a historia que os Palabruxos fan crer a xente, pero realmente o conto non é este… algún día vos contarei cal é a historia real dos Palabruxos.

Adiántovos que detrás de todo isto anda unha bruxa, un trasno, unha meiga e un mouro e grandes e pequenas persoaxes máxicas que se unen pouco a pouco.

Comments

  • julia 10 de Abril de 2013 Responder

    Non podo pasarvos ningún palabruxo, pero a idea é do melloriño e estou disposta a recoller todas aqueles que escoite e facelas chegar así como usalas.

    • anavilat 17 de Abril de 2013 Responder

      Moitas grazas! Espero verte pronto con palabras nosas para envialas o mundo dos Palabruxos! 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *