Os Palabruxos son gardiáns de palabras que nacen a partir de que unha persoa recupera unha palabra esquecida e a entrega neste mundo dos Palabruxos. Despois, as mans dunha bruxa danlles vida en forma de boneco para trasmitirlles esas palabras ás nenas e nenos.
Os bonecos ademais de levaren a palabra (o seu nome) bordada, portan unha etiqueta que explica a súa orixe e significado.
Podes ler máis acerca de como xordiu esta idea e propoñernos as túas palabras esquecidas para que as convirtamos en Palabruxos.
[…] Os Palabruxos […]
Grazas! 😉
[…] Quen son os Palabruxos? | Os Palabruxos […]
Moitas Grazas!
[…] Quen son os Palabruxos? | Os Palabruxos […]
Góstame moito a idea, ainda que o meu galego nón é moi bó intento ilo mellorando.
Querria saber si ademais de palabras podense mandar frases que se digan nunha zona concreta y tamén queria dous monecos non sei como podo conseguilos son para uin neneo de 4 anos e unha cativiña que só tén 1 mes.
Graciñas. Ah! outra cousa o diccionario dó que falas o Estraviz podese conseguir en calqueira libreiria . Apertas Laura
Laura desculpa a tardanza en contestar e moderar.
Podes enviar esas frases se queres, ainda que para os Palabruxos sería un pouco complicado devolvelas a fala 😉
Os bonecos van os poucos os traballo, a casa, as crianzas… non me deixan tempo para moito.
Estou tentando topar alguén que me poida botar unha mán coa creación das Palabruxas e Palabruxos pero polo de agora non topei a ninguén que se animase 🙁
Se me dis as palabras que che gustaría recuperar tentaría telos no menor tempo posible.
O Estraviz telo electrónico http://www.estraviz.org/ e se o queres en papel eu conseguino en Compostela na librería Couceiro
Moitas grazas, Laura!
Propóñovos unha palabra que na miña casa usan moito máis que na rúa pouca xente coñece: “bátega“. No dicionario defínese como: ” Chuvia forte e de pouca duración”. Por que agora todo o mundo di “chaparrón”?
Recuperemos esta palabra!
Como funciona agora? Créase un palabruxo con esta palabra?
Moitas grazas!
Xurxo
Pois haberá que crealo que é unha palabra ben bonita e que debemos recuperar! Eu comezarei a usala aprobeitando estes días de treboada 😉
Moitas grazas e desculpa pola tardanza en moderar o teu comentario
Saúdos